ENTROIDO DE VERIN

20060314104357-lunesv001.jpgO ciclo do Entroido en Verín céntrase hoxe no xoves de compadres e o de comadres que desembocan no martes de Carnaval

Gracias á declaración do Entroido en Verín como ‘festa de interese turístico galego’ o cigarrón é hoxe unha das máscaras máis coñecidas en Galicia. Os traxes elabóranse durante todo o ano. Entre os seus elementos máis sobranceiros destácanse a carauta, sorridente, de bigote e barba e amplos coloretes, feita de madeira de breixo e a mitra, feita de folla de lata e decorada con motivos animais ou vexetais. Na parte traseira, cabeza e mitra van cobertas por unha pelica que hoxe adoita ser de feltro. Camisas, calzas de encaixe e medias brancas compoñen o seu vestiario que se complementa cunha chaquetiña e pañoleta ás costas de cor vermella. As chocas cinguidas ao cinto adoitan ser femias ou machos dacordo co son que emiten, graves para os machos e agudos para as femias.

14/03/2006 10:46

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Daniel

Ben, pero falta un enlace no texto.

Fecha: 14/03/2006 12:00.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]