MI CURRÍCULUM
Para verlo pulse AQUÍ
FOTOS VERIN
ENTROIDO DE VERIN
O ciclo do Entroido en Verín céntrase hoxe no xoves de compadres e o de comadres que desembocan no martes de Carnaval
Gracias á declaración do Entroido en Verín como ‘festa de interese turístico galego’ o cigarrón é hoxe unha das máscaras máis coñecidas en Galicia. Os traxes elabóranse durante todo o ano. Entre os seus elementos máis sobranceiros destácanse a carauta, sorridente, de bigote e barba e amplos coloretes, feita de madeira de breixo e a mitra, feita de folla de lata e decorada con motivos animais ou vexetais. Na parte traseira, cabeza e mitra van cobertas por unha pelica que hoxe adoita ser de feltro. Camisas, calzas de encaixe e medias brancas compoñen o seu vestiario que se complementa cunha chaquetiña e pañoleta ás costas de cor vermella. As chocas cinguidas ao cinto adoitan ser femias ou machos dacordo co son que emiten, graves para os machos e agudos para as femias.
invierno lluvia
10 DE XANEIRO DE 2006
Vamos a aprender a colocar un hipervínculodo blog de orientación